Metodoloxía
Preguntas
Redactamos as afirmacións de forma neutral e clasificámolas en tres ámbitos: economía, valores e modelo de Estado.
Posicións dos partidos
Cada partido recibe un valor de -2 (moi en contra) a +2 (moi a favor) por pregunta, a partir do seu programa electoral (máis adiante, tamén das súas votacións rexistradas). Cada valor cita a súa fonte; se non a ten, é un borrador e márcase como tal.
Cálculo da afinidade
Afinidade = 1 − Σ(peso × |a túa resposta − posición do partido|) / Σ(peso × 4), só coas preguntas que respondes. As marcadas como importantes pesan o dobre.
O mapa
O eixe horizontal agrupa economía e valores (esquerda–dereita); o vertical, o modelo territorial (centralismo–descentralización).
Limitacións
É un recomendador inspirado nos VAA da ciencia política. Con outro cuestionario o resultado podería variar. Non é unha recomendación de voto.